Publicacións

Obradoiros de familias lectoras

Imaxe
 Este mes de novembro aprendemos a facer un cantastorie en familia. Grazas a Chus, de Xandobelas, por ensinarnos esta técnica, pero sobre todo por ensinarnos a compartir unha divertida actividade en familia que nos achega á lectura e narración de contos.                   Velaquí o resultado final: Os dous corcovados

obradoiro das familias lectoras con Paula Carballeira

Imaxe
 Nesta tarde, Paula Carballeira veunos ensinar como facer a lectura máis atractiva para os rapaces e rapazas.        Mentras os cativos/as se divertían coas historias cantadas de César e a orquestra pantasma. Vídeo 1             Vídeo 2             Vídeo 3    

Recomendacións de verán

Imaxe
 Remata o curso e desde a Reibonteca queremos realizar unhas recomendacións de lecturas moi refrescantes. Aí van!   E lembrade, para seguir a nosa actividade día a día busca @reibonteca no Instagram e síguenos!

Obradoiro para familias

 Esta tarde as familias lectoras realizarán un obradoiro de animación á lectura da man de Damián Alonso. O obradoiro realizarase ás 17:00 h. na biblioteca do centro. Seguiremos informado!

Día da muller

Imaxe
 O 8 de marzo celébrase o día da muller, e entre outras actividades de centro, a biblioteca propuxo:  - Realizar uns marcapáxinas para a muller máis importante da túa vida.      - Actividade para desenmascarar a mulleres importantes da historia.            

Entroido

Imaxe
 Na semana do entroido, Rufina enviounos os mandados, e a nosa biblioteca estivo aberta nos recreos para realizar diferentes actividades plásticas e bailes.              Vídeo

Xaneiro cheo de novidades!

Imaxe
No mes de xaneiro, no noso recuncho temático, expuxéronse diferentes libros para traballar a paz e a convivencia.  Así mesmo, temos expostas as nosas novidades para a biblioteca, todos eles libros para traballar a atención á diversidade. Achegádevos a coñecelas!